A Pedestre da Amaía para El Mouaziz e Alonso


09/10/2017 | EL CORREO GALLEGO

O marroquí Adelhadi El Mouaziz e a ferrolá Melina Alonso gañaron a XXXV Carreira Pedestre da Amaía, celebrada o sábado en Brión. O integrante do Nerja de Atletismo empleou 24:59 para cubrir o percorrido de oito km, impoñendose nunha proba na que tomaron parte 458 atletas.

Akka Essadaoui (25:26) e Carlos Porto (25:37), completaron o podio na categoría masculina. Melina Alonso (Atletismo Fene) venceu en categoría femenina (29:19), por diante de Rocío Alvite (29:45) e Marinela Mayo (30:16), do Sar Petroni. Juan Jesús Barral, José Antonio Vidal e José Ramón Mayo; e María Serramito, Mónica Otero e Cristina Hernández foron os mellores atletas locais na clasificación.

A Carreira da Amaía pecha a inscrición para a súa XXXV edición



04/10/2017 | EL CORREO GALLEGO

Dispútase na tarde do sábado // Haberá premios para os oito mellores por categoría

A Carreira Pedestre da Amaía pecha hoxe o seu prazo de inscricións, ás 14.00 horas, para unha competición que o sábado alcanzará a sua trixésimo quinta edición. A día de onte, a carreira contaba cuns 250 participantes inscritos.

A XXXV Carreira Pedestre da Amaía disputarase o sábado, con saída a partir das 17.00 horas na Carballeira de Santa Minia. Todos os interesados que non formalizasen a súa inscrición teñen de prazo ata as 14.00 horas de hoxe para facelo. Poderán inscribirse a través da páxina web http://carreirapedestredaamaia.blogspot.com.es/ ou ben en www.carreirasgalegas.com. A inscrición dos adultos teñen un prezo de cinco euros, mentres que os menores de 12 anos poderán anotarse totalmente gratis. Poderán participar tanto atletas federados como non federados, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

A carreira, que volve formar parte do Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, repartirá máis de 1.000 euros en premios. Ademais, todos os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa, ademais de poder facer uso do servizo de avituallamento. O tres primeiros clasificados da proba absoluta, que discorre sobre un percorrido de oito quilómetros, recibirán os seus respectivos trofeos, xunto cun premio en metálico (200, 170 e 150 euros), tanto en categoría masculina como feminina. Recibirán tamén o seu trofeo o tres primeiros homes e mulleres empadroados en Brión, así como os oito mellores en cada categoría.

As probas infantís terán lugar na Carballeira de Santa Minia. Todos os pitufos e prebenxamins recibirán unha medalla pola súa participación.

Brión abre o prazo de inscrición na XXXV Carreira Pedestre da Amaía

 23 de agosto do 2017 | Xornal Lindeiros


O Concello de Brión abriu o prazo de inscrición na tradicional Carreira Pedestre da Amaia, que este ano chega á súa edición número 35.

A proba terá lugar o sábado 7 de outubro, a partir das 17:00 horas, na Carballeira de Santa Minia e poderán participar atletas federados e non federados, que estarán baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

A XXXV Carreira Pedestre da Amaia estará incluída por segundo ano consecutivo no Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, o que suporá varios cambios con respecto a edicións anteriores. A principal é o cambio na data tradicional de celebración, que pasa da mañá do primeiro domingo de outubro á tarde do primeiro sábado do mes.

O que si se mantén é a Carballeira de Santa Minia como epicentro da proba, o percorrido da carreira absoluta e a decisión de non admitir inscricións o mesmo día da proba, polo que aquelas persoas que estean interesadas en participar deberán inscribirse a través da web http://carreirapedestredaamaia.blogspot.com.es/ ou de www.carreirasgalegas.com antes das 14:00 horas do 4 de outubro. As inscricións dos adultos custarán 5 euros, mentres que as dos menores de 12 anos son de balde.

Máis de 1.000 euros en premios

A carreira repartirá mais de 1.000 euros en premios, así como camisetas e avituallamentos para todos os participantes. Haberá trofeos e premios en metálico para os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta na proba absoluta, de 8 quilómetros de lonxitude: 200, 170 e 150 euros, respectivamente. Tamén haberá trofeos para os tres primeiros homes e mulleres empadroados en Brión, así como para os primeiros clasificados das 8 categorías establecidas. Os premios non serán acumulativos, exceptuando os correspondentes aos empadroados en Brión.

As probas infantís terán lugar tamén na Carballeira de Santa Minia. As categorías dos pitufos e prebenxamíns non serán competitivas, polo que todos os participantes recibirán cadansúa medalla. O Concello de Brión porá a disposición de todos os corredores o pavillón polideportivo para que se poidan duchar, así como un servizo de garda roupa situado na Casa da Cultura.

A Carreira Pedestre da Amaia é unha das probas atléticas máis importantes do panorama galego. Con 35 anos de antigüidade, é unha proba de referencia na comarca de Santiago que ten lugar todos os anos xusto despois da Romaría de Santa Minia. O “maratón da Amaía” (como se denominaba nos seus inicios) sumouse aos actos de celebración da Santa Minia aló polos anos 80 pola enorme expectación e éxito da súa organización.

A Carreira Pedestre da Amaía abre a inscrición

22/08/2017 | El Correo Gallego


O Concello de Brión abriu onte o prazo de inscrición na tradicional Carreira Pedestre da Amaia, que este ano chega á súa edición número 35. Unha proba que terá lugar o sábado 7 de outubro, a partir das 17.00 horas, na Carballeira de Santa Minia e na que poderán participar atletas federados e non federados, que estarán baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. Non se admitirán inscricións o mesmo día da proba, polo que aquelas persoas que estean interesadas en participar deberán inscribirse a través da web http://carreirapedestredaamaia.blogspot.com.es/ ou de www.carreirasgalegas. com antes das 14.00 horas do día 4. As inscricións dos adultos (maiores de 12 anos) custarán 5 euros.